Exposición "As nosas senlleiras"

As nosas senlleiras. Mos
Desde 08 nov 2018 ata 24 nov 2018
Pazo de Mos. Mos
A mostra inclúe unha selección de 35 árbores que aparecen referenciadas de xeito individual, pero tamén inclúe un mapa coas 48 árbores senlleiras e as 9 formacións de 41 especies botánicas que medran na provincia de Pontevedra. Teñen a consideración de senlleiras as árbores ou as formacións que, polas súas características extraordinarias ou destacables –tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza–, son consideradas reliquias botánicas con valor natural, científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental e merecedoras de especial protección.
Información
  • Inauguración: xoves 8 de novembro, ás 12.00 h
  • Horario de visita: luns a sábado de 17.00 a 21.00 h
  • Domingo 18 de novembro ás 12.00 h “Verbas do monte”, con Anxo Moure. Actividade relacionada coa exposición
  • Máis información