Exposición BibliotequEros

BibliotequEros
Desde 30 abr 2019 ata 06 xuñ 2019
Arquivo Provincial. Pontevedra

A exposición BibliotequEros, que se presenta no Servizo de Patrimonio da Deputación de Pontevedra o martes día 30 de abril, é unha mostra bibliográfica organizada polo Museo do Pobo Galego.

Comisariada por Rosa Méndez García e Santiago Díaz Lage, presenta unha selección de obras de literatura erótica pertencentes aos fondos das bibliotecas do Museo do Pobo.

Información

O contido das obras expostas abranguen, entre outros,  poesías de Sapho, a colección bibliográfica de Joaquín Barbadillo, obras de Diderot, o Marques de Sade ou Memorias de Casanova ou, a modo de homenaxe, unha vitrina dedicada á Bella Otero.

A exposición estará aberta ata o 6 de xuño en horario de mañá, de 9 a 14 horas, de luns a venres.

O día 30 de abril, ás 19 horas, antes da apertura da mostra, Santiago Díaz Lage impartirá a conferencia “O erotismo nas bibliotecas do MPG”.