Exposición Carlos Maside en Combarro, 1952. Bosquexos, debuxos e acuarelas

Expo Maside Combarro
Desde 03 mai 2019 ata 16 xuñ 2019
Museo de Pontevedra. Sexto Edificio. Pontevedra
Esta exposición permitiu catalogar e poñer en mans do público os máis de trescentos bosquexos, debuxos e acuarelas feitos por Carlos Maside na vila mariñeira de Combarro, así como a media ducia de cadros ao óleo que pintou alí directamente –como a Peixeira- ou acabou máis tarde en Santiago. Unha ampla selección poderá verse no Sexto Edificio a partir da súa inauguración o 3 de maio, ás 20 h, ata o 16 de xuño de 2019.
Información