Exposición "Galaicos. Un pobo entre dous mundos"

Exposición Galaicos. Valencia
Desde 28 Mar 2019 ata 01 Sep 2019
Museo de Prehistoria. Valencia

A exposición "Galaicos. Un pobo entre dous mundos", impulsada pola Deputación de Pontevedra a través de Turismo Rías Baixas, aproxímanos a esta terra durante un período de máis de mil anos, o comprendido entre o crepúsculo da Idade de Bronce (1500-800 a. n. e.) e o século VI. Máis de 65 pezas compoñen esta mostra itinerante que comezará a súa andaina o 31 de outubro no Museo Arqueolóxico Nacional, pasará por Valencia e pechará o ciclo no Museo de Pontevedra, xusto a tempo para conmemorar o 125.º aniversario da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, xerme deste.

Información

Horario de visita

  • De martes a domingo: de 10 a 20 h
  • Luns pechado
Máis información en: galaicos.depo.gal