Exposición "GalizAmérica. Edición e lingua na emigración"

Exposición GalizAmérica
Desde 05 dec 2018 ata 23 dec 2018
Casal de Ferreirós. Poio
A Guerra Civil do 36, coa consecuente derrota da República, levou a milleiros de galegos e galegas ao exilio. Este exilio tivo a nivel cultural unha gran relevancia pois, moitos dos mellores intelectuais do país refuxiaranse fundamentalmente nos países máis democráticos de América nese momento, en especial en México e Uruguai. Pouco despois, será Arxentina o destino principal dos exiliados, país que xa contaba con diversos centros galegos concentrados no seu capital, Buenos Aires.

Esta concentración de intelectuais, entre os que se atopaban Lugrís, Freire, Castelao, Seoane, Colmeiro, etc., xera unha actividade cultural intensa en diferentes campos creativos con especial incidente na edición. Editáronse centos de libros e diversas revistas, creáronse programas de radio, impartíronse conferencias, iniciáronse celebracións de días singulares, como o día de Patria, abríronse escolas onde nenos e nenas aprenden galego…. Todo ese florecemento cultural é o tema ao redor do que xira a exposición GalizAmerica.

Información
  • Inauguración: mércores 5 de decembro, ás 21.00 h, coa conferencia de Margarita Ledo Andión sobre “Recuperar a fala, recuperar a alma”
  • Horarios de visita: de luns a venres, de 9.00 a 14.00 h
  • Proxección o domingo 16 de decembro ás 20:00 de A cicatriz branca, de Margarita Ledo Andión