L M M X V S D
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30

Exposición “Pazos de Pontevedra. Alí onde se detivo o tempo”

Pazos de Pontevedra
Desde 18/03/2020 ata 19/04/2020
Pazo de Liñares. Lalín

A exposición Pazos de Pontevedra é unha mostra especialmente orientada ao público familiar na que percorreremos a historia destes espazos que forman parte do noso patrimonio, microcosmos que durante décadas foron case autosustentables.

A mostra divídese en 9 áreas que a través de textos, fotografías e obxectos nos irán amosando distintos aspectos da vida pacega, o cheiro a herba acabada de cortar, metáfora do seu carácter eminentemente agrario.

Información
  • Inauguración: mércores 18 de marzo, ás 20.30 h
  • Horario de visita: de martes a domingo, de 11.00 a 20.30 h. Luns pechado

Obradoiro para a elaboración de xabóns

  • Sábado de 11 a 14 h
  • Número de prazas: 15 persoas adultas
  • Inscricións no teléfono: 986 18 14 23
  • Cartel (pdf)