Exposición Rexas. Mulleres baixo o terror franquista

Rexas
Desde 05 Oct 2019 ata 18 Oct 2019
Baixos do Concello. Baiona

Esta exposición, a través de 78 fotografías, conta as historias de 172 mulleres (30 delas da comarca de Deza-Tabeirós), algunhas delas feitas públicas por primeira vez. A mostra está dividida en tres bloques: o primeiro é o da contextualización histórica, que amosa como o golpe de Estado supuxo unha quebra dos dereitos da República; o segundo, o máis longo, analiza as diferentes tipoloxías de represión desde a perspectiva das mulleres que a sufriron; o terceiro busca recoñecer o labor solidario e resistente das mulleres e o seu apoio imprescindible á guerrilla.

Información
  • Inauguración: sábado 5 de outubro, ás 20.00 h
  • Horario de visita: de luns a venres, de 9.00 a 14.00 h
  • A continuación: proxección na biblioteca do documental Matriarcas, de Xiana Vilar, Mónica Sousa, Vanesa García e Laura Rial. Charla posterior de Montse Fajardo, comisaria de “Rexas” e participante no documental. Acceso libre