Exposición "Rexas. Mulleres baixo o terror franquista"

Exposición Rexas
Desde 21 nov 2018 ata 09 dec 2018
Mercado municipal. Tomiño
Esta exposición, a través de 78 fotografías, conta as historias de 172 mulleres (30 delas da comarca de Deza-Tabeirós), algunhas delas feitas públicas por primeira vez. A mostra está dividida en tres bloques: o primeiro é o da contextualización histórica, que amosa como o golpe de Estado supuxo unha quebra dos dereitos da República; o segundo, o máis longo, analiza as diferentes tipoloxías de represión desde a perspectiva das mulleres que a sufriron; o terceiro busca recoñecer o labor solidario e resistente das mulleres e o seu apoio imprescindible á guerrilla.
Información
  • Inauguración: mércores 21 de novembro, ás 12.00 h
  • Horario de visita: de luns a sábado de 9.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h
  • Mércores 21 de novembro, ás 10.00 h Conferencia de Montse Fajardo: “A represión sobre as mulleres tras o golpe de Estado do 36”. Actividade de acceso libre relacionada coa exposición, no IES Antón Alonso Ríos,