Exposición "Rompe. Xoga en igualdade"

Rompe. Xoga en igualdade
Desde 08 nov 2018 ata 07 dec 2018
Auditorio municipal. Caldas de Reis
Esta mostra reivindica a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista. Nesta exposición de poesía visual, o obxecto fala por si mesmo precisando apenas un texto explicativo. As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así como na transmisión de valores.
Información
  • Horario: de luns a venres de 9.00 a 14.00 h
  • Inauguración: xoves 8 de novembre ás 12.00 h
  • Máis información