Exposición “Rompe. Xoga en igualdade"

Exposición “Rompe. Xoga en igualdade
Desde 01 abr 2019 ata 23 abr 2019
Concello. Campo Lameiro
Esta mostra reivindica a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista. Nesta exposición de poesía visual o obxecto fala por si mesmo precisando apenas un texto explicativo.
As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos, así como na transmisión de valores.
Información
  • Horario: de luns a venres, de 9 a 14 h
  • Visita guiada á exposición o luns 1 de abril, ás 12 h
  • Máis información