Exposición "Rompe. Xoga en igualdade"

Exposición Rompe. Xoga en igualdade en Gondomar
Desde 05 Aug 2019 ata 18 Sep 2019
Centro Neural. Avda. Don Diego Sarmiento de Acuña, 34. Gondomar

Esta mostra reivindica a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista. Nesta exposición de poesía visual o obxecto fala por si mesmo, precisando apenas un texto explicativo.

As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e na formación de nenas e nenos, así como na transmisión de valores.

Información
  • Inauguración da exposición o luns 5 de agosto, ás 11 h
  • Horario: de luns a venres, de 9 a 14 h