Exposición "Rompe. Xoga en igualdade"

Rompe e Xoga
Desde 11 xuñ 2019 ata 31 xul 2019
Planta baixa do Pazo de San Marcos. Lugo
Esta mostra reivindica a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista. Nesta exposición de poesía visual o obxecto fala por si mesmo, precisando apenas un texto explicativo.

As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e na formación de nenas e nenos, así como na transmisión de valores.

Información
  • Horario: de luns a venres de 9:00 h a 14:00 h. e de 16:00 h. a 20:00 h
  • Inauguración: 11 de xuño, ás 12 h
  • Máis información