Exposición Rompe. Xoga en igualdade

Rompe e Xoga en Igualdade
Desde 14 Nov 2019 ata 11 Dec 2019
Auditorio. Soutomaior

Esta mostra reivindica a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista. Nesta exposición de poesía visual o obxecto fala por si mesmo, precisando apenas un texto explicativo.

As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e na formación de nenas e nenos, así como na transmisión de valores.

Información
  • Inauguración: o 12 de novembro ás 12 h
  • Horario de apertura ao público: de luns a venres de 10 a 14 h e de 16 h a  20 h. Sábados, domingos e festivos pechado