Exposición "Tal día coma hoxe"

Exposición
Desde 09 Jul 2019 ata 17 Jul 2019
Pazo provincial. Pontevedra
A exposición "Tal día coma hoxe" está organizada pola Federación ASPACE GALICIA e a Asociación AMENCER–ASPACE.

Son 30 imaxes nas que o fotógrafo Chomi Delgado tratou de plasmar a naturalidade das relacións entre persoas con parálise cerebral. Para iso buscou historias que se complementan entre si, nas que as e os protagonistas buscan ser aceptados e xamais xulgados

Información
  • Horario: de luns a venres, de 8.00 a 20.00 h
  • Inauguración: o martes 9 de xullo, ás 12.30 h