Exposición "Vento nas velas"

Exposición Vento nas Velas. Bueu
Desde 13 abr 2019 ata 10 mai 2019
Astillero de A Banda do Río. Bueu
"Vento nas velas" é unha proposta expositiva do fotógrafo galego Xurxo Lobato. O obxectivo desta mostra, pensada para ser colocada na rúa, é achegarlle ao público a cultura marítima da nosa provincia, continuando a liña iniciada en 2017 polo Servizo de Cultura e Lingua da Deputación coa exposición “Fasquías. Embarcacións tradicionais”.

Así, seguimos a poñer en valor esta área do patrimonio galego, empregando como medio textos e fotografías publicados en 2017 no libro de Xurxo Lobato “Vento nas velas”.

Información