Exposición “Vento nas velas”

Exposición “Vento nas velas”
Desde 03 Aug 2019 ata 30 Aug 2019
Paseo marítimo. Moaña

"Vento nas velas" é unha proposta expositiva do fotógrafo galego Xurxo Lobato. O obxectivo desta mostra, pensada para ser colocada na rúa, é achegarlle ao público a cultura marítima da nosa provincia, continuando a liña iniciada en 2017 polo Servizo de Cultura e Lingua da Deputación coa exposición “Fasquías. Embarcacións tradicionais”.

Así, seguimos a poñer en valor esta área do patrimonio galego, empregando como medio textos e fotografías publicados en 2017 no libro de Xurxo Lobato “Vento nas velas”. Con motivo da estadía da exposición farase un espectáculo musical no que participarán Xurxo Souto, o Orfeón do Berbés e máis artistas.

Información