Exposición “Vento nas velas”

Vento nas velas
Desde 04 Sep 2019 ata 13 Oct 2019
Punta Moreira. O Grove

"Vento nas velas" é unha proposta expositiva do fotógrafo galego Xurxo Lobato. O obxectivo desta mostra, pensada para ser colocada na rúa, é achegarlle ao público a cultura marítima da nosa provincia, continuando a liña iniciada en 2017 polo Servizo de Cultura e Lingua da Deputación coa exposición “Fasquías. Embarcacións tradicionais”.

Así, seguimos a poñer en valor esta área do patrimonio galego, empregando como medio textos e fotografías publicados en 2017 no libro de Xurxo Lobato “Vento nas velas”. Con motivo da estadía da exposición farase un espectáculo musical no que participarán Xurxo Souto, o Orfeón do Berbés e máis artistas.

Información
  • Inauguración: mércores 4 de setembro, ás 19:00 h