Galicia, de Nós a Nós

Galicia, de Nós a Nós
Desde 20/05/2021 ata 11/07/2021
Museo de Pontevedra. Edificio Castelao. Pontevedra

Desde o 20 de maio ao 11 de xullo pódese visitar no edificio Castelao a exposición Galicia, de Nós a nós, unha completa e ambiciosa mostra sobre a Xeración Nós, o grupo de intelectuais galeguistas que contribuíron, nas primeiras décadas do século XX, ao desenvolvemento, renovación e internacionalización da lingua e da cultura galega.

Información

Exhíbense máis de 300 pezas aportadas por 64 institucións e particulares, entre elas o numeroso grupo cedido polo Museo de Pontevedra, especialmente o do fondo Castelao, impulsor e director gráfico da Revista Nós, concibida en Pontevedra nunha xuntanza que mantivo con Vicente Risco, Losada Diéguez e Ramón Cabanillas en xuño de 1920.