Exposición Machados. Cinco vidas, unha historia. PECHADA TEMPORALMENTE

Exposición Machados. Cinco vidas, unha historia
Desde 26/11/2020 ata 02/02/2021
Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra. Pontevedra

A exposición Machados. Cinco vidas, unha historia ofrece unha aproximación á metalurxia e aos depósitos metálicos da Idade do Bronce Final na fachada atlántica europea partindo dun conxunto de artefactos da colección arqueolóxica da Universidade de Santiago de Compostela.

Está promovida polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) a través do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit).

Información
  • Horariode martes a sábado, de 10 a 21 h; domingos e festivos, de 11 a 14 h; luns, pechado
  • Máis información en museo.depo.gal