Mulleres en acción. Violencia zero

Mulleres en acción. Violencia zero
29 Jan 2020
IES Chano Piñeiro. Forcarei

Tras 85 accións artísticas por toda a provincia, que visibilizaron a case un centenar de artistas e implicaron a milleiros de persoas, o programa "Mulleres en acción: Violencia zero" chega este 25 de novembro á súa 5.ª edición. Catro anos despois, con responsabilidade e emoción, facemos balance e volvemos ás raíces, á semente: a arte contemporánea como axente mobilizador de consciencias.

Volvemos así ás raíces: a performance. Así mesmo, o programa desenvolverá 25 novas accións participativas ao longo dos 12 meses do ano, en 25 concellos da provincia, e sumará outras disciplinas.

Información