Mulleres en acción. Violencia zero

Violencia Zero. Gondomar
28 Sep 2019
Praza Doutor Latino Salgueiro. Gondomar
O 25 de novembro de 2015 nacía "Mulleres en acción. Violencia zero" da Deputación de Pontevedra para apoiar e visibilizar as nosas creadoras galegas, poñendo o foco sobre a tremenda lacra da violencia machista que azouta cada día a nosa sociedade. Tres anos despois facemos memoria e lembramos cada unha das accións que nos estremeceron, que nos emocionaron, que levaron á participación activa de centos de persoas, da man de creadoras de referencia no eido da acción artística.

A 4.ª edición comprende un total de 25 novas accións participativas ao longo dos 12 meses do ano, en 25 concellos da provincia

Información