O Foro de Pontevedra 850 anos despois! Mesa redonda

Mesa redondo
Desde 29 Nov 2019 ata 03 Dec 2019
Sexto Edificio. Museo de Pontevedra. Pontevedra

O martes 3 de decembro, 850 anos despois de que nese mesmo mes de 1169 o rei de León e Galicia Fernando II concedera a Pontevedra o Foro que lle daba categoría urbana e lle concedía aos seus habitantes, presentes e futuros, unha serie de privilexios, vai ter lugar unha mesa redonda.

Intervirán Anselmo López Carreira, historiador; Mercedes López-Mayán, historiadora da arte e Alberte Lago Villaverde, historiador.

Información
  • Ás 19 h
  • Entrada libre ata completa aforo
  • Máis información en museo.depo.gal