Exposición itinerante “Os Bolechas. Variedades dialectais” “Gatiños, ghatiñas, gatíos. Xeitos de falarmos galego”

Os Bolechas. Vigo
Desde 05 dec 2018 ata 16 dec 2018
Praza do Rei. Vigo
No marco da programación Ano da Lingua, o Departamento provincial de Cultura e Lingua leva por todas as comarcas da provincia o universo Bolechas para que toda a rapazada poida coñecer a riqueza do noso idioma ao longo e ancho de todo o país. “Gatiños, ghatiñas, gatíos. Xeitos de falarmos galego” propón un itinerario dividido en 12 espazos que, ademais de á aprendizaxe, convidan á experimentación e á diversión. Neles as cativas e os cativos poden interpretar cancións e mesmo protagonizar a súa propia representación teatral.
Información