Pegadas na paisaxe. O patrimonio de Deza

Pegadas na paisaxe
Desde 27/02/2020 ata 06/09/2020
Pazo de Liñares. Lalín

A exposición está organizada por Turismo Rías Baixas en colaboración co Museo de Pontevedra

A mostra vai estar estruturada en cinco eixes, titulados "O patrimonio de Pontevedra", "Deza: terra de castros", "Artefactos: pegadas no tempo", "As pegadas na paisaxe de Pontevedra" e "O cálculo do tempo". A exposición centrarase nos castros de Montaz e Toiriz en Silleda, Castriño e Doade en Lalín e Pena Grande en Rodeiro, así como en outros once xacementos da provincia.

Información