Exposición "Rexas. Mulleres baixo o terror franquista"

Exposición
Desde 01/04/2021 ata 21/04/2021
Multiusos da Xunqueira. Redondela

Esta exposición, a través de 78 fotografías, conta as historias de 172 mulleres (30 delas da comarca de Deza-Tabeirós), algunhas delas feitas públicas por primeira vez. A mostra está dividida en tres bloques: o primeiro é o da contextualización histórica, que amosa como o golpe de Estado supuxo unha quebra dos dereitos da República; o segundo, o máis longo, analiza as diferentes tipoloxías de represión desde a perspectiva das mulleres que a sufriron; o terceiro busca recoñecer o labor solidario e resistente das mulleres e o seu apoio imprescindible á guerrilla.

Información
  • Horario de visita: de luns a vernes de 8:30 a 14:30 e de 16:00 a 22:00 horas e sábados e domingos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00 horas
  • Máis información