Exposición “Rompe. Xoga en igualdade"

Exposición “Rompe. Xoga en igualdade
Desde 27 Feb 2019 ata 22 Mar 2019
Casa da Cultura, rúa Monte da Vila, s/n. O Grove
Esta mostra reivindica a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista. Nesta exposición de poesía visual, o obxecto fala por si mesmo precisando apenas un texto explicativo.
As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así como na transmisión de valores.
Información
  • Horario: de luns a venres de 10:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h