Tristán. Espectáculo infantil

Tristán teatro
09 Nov 2019
Sexto Edificio. Museo de Pontevedra. Pontevedra

Tristán é un espectáculo visual dirixido ao público infantil de 3 a 12 anos que a compañía O Elefante Elegante representará o sábado 9 de novembro, ás 12 h, no Sexto Edificio. A entrada será libre ata completar o aforo.

Trátase dunha comedia xestual interpretada ao estilo dos debuxos animados, onde as palabras se transforman en xestos e a música acompaña o ritmo da acción.

Información
  • Ás 12 h
  • Entrada libre ata completar aforo
  • Máis información en museo.depo.gal