Axenda de actividades provinciais

Culturgal Expandido

24/11/2023 18:00
Sede da Deputación en Vigo
Culturgal 2023

Por primeira vez, Culturgal terá dúas sedes. A Feira das Culturas Galegas é un evento que, ano tras ano, converte Pontevedra en epicentro da actividade cultural do país. A Boa Vila torna capital, pero Culturgal apela a toda Galicia. Con esta idea, este ano busca ampliar o seu territorio de operacións. Por iso contará con actividades máis alá das fronteiras da cidade que o acolleu todos estes anos, baixo a denominación de Culturgal Expandido.

Información

40 anos de Premios Xerais, ás 18:00 h

Pedro Feijóo, María Reimóndez, Manuel Esteban, Rexina Vega, Santiago Lopo. Presentados por Fran Alonso

Recital de María Lado, ás 19:00 h

Leilía. Entrevista sobre a xira de despedida "Anque me vou non me vou”, ás 20:00 h

Máis información