Axenda de actividades provinciais

Exposición “Achegas das mulleres á sustentibilidade do mar"

Desde 03/03/2023 ata 30/03/2023
Casa da Cultura de Riomaior. Vilaboa
Muller cunha redeira

"Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" é unha exposición que busca dar visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño. A mostra está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto Español de Oceanografía, Aida Fernández.

Esta iniciativa está promovida pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Universidade de Vigo para darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño

Información

Do 3 ao 30 de marzo

Haberá unha charla do proxecto que comezará as 19:00 h, na Casa da Cultura de Riomaior, a cargo de María Mercedes Álvarez Lires.

Máis información