Axenda de actividades provinciais

Exposición "A evolución da mancha II", unha mostra pictórica de Tato Heredia

Desde 31/01/2025 ata 16/02/2025
Palacete das Mendoza. Pontevedra
Tato Heredia

Tato Heredia, natural de Pontevedra, é fillo do tamén pintor Carlos Heredia, que se converteu no seu exemplo a seguir e foi quen lle deu consellos ata adquirir o seu estilo propio e inconfundible tras máis de 30 anos dedicándose á pintura. A inspiración de Heredia adoita ser Galicia no sentido xeográfico, reflexando os costumes e as maneiras de vivir e de traballar das súas xentes, plasmados en paisaxes tanto rurais como urbanas. A súa obra defínese por combinar riscos firmes con outros apenas insinuados, así como pola sinxeleza e a súa forza sutil.

Información

Horario

  • ​​​​​​​De luns a venres de 8:00 a 20:00 horas
  • Os sábados e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas
  • Os domingos de 10:00 a 14:00 horas

Catálogo