Axenda de actividades provinciais
Exposición “Lebres coma gacelas”
Desde
15/07/2022
ata
15/07/2022
Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira, Silleda

Esta mostra presenta poemas de autoras referentes na escrita galega, que crearon un diálogo ex professo para a fotografía contemporánea de dous artistas con estilos diferenciados, que retratan o corpo e o contorno cunha ollada poética fixa na realidade máis inmediata.
Información
- Recital das poetas Olga Novo e Antía Otero acompañadas por Cris Collazo (trompa) e Bea Rodríguez (frauta), mestras da Escola de Música da Bandeira, Silleda.
- Inauguración: xoves 16 de xuño, ás 20:00 h
- Do 16 de xuño ao 15 de xullo
- Horario de visita: de luns a venres de 16:00 a 22:00 h