Axenda de actividades provinciais
Exposición Natureza Alterada
Desde
25/01/2023
ata
03/03/2023
Sala Maruja Mallo. Sede da Deputación en Vigo

En “Natureza alterada”, Alberto Pena presenta a súa liña de traballo máis recente, nesta ocasión cun formato máis doméstico. Estes monotipos fusionan a pintura de Alberto coa imprenta, facendo referencia ás artes gráficas, das que o artista toma prestadas as dimensións estandarizadas dos carteis, aínda que no seu caso co liño como soporte.
Información
Do 25 de xaneiro ao 3 de marzo de 2023
Inauguración: mércores 25 de xaneiro áss 19:00 horas
Coa actuación en directo do dúo instrumental de clarinete (Virginia Lis) e viola (Mario Diz), en diálogo con danza contemporánea (Maria Vázquez)
Confirmación de asistencia en participa.cultura@depo.es