Axenda de actividades provinciais

Intramuros. Obradoiros de arquitectura para nenas e nenos

Desde 27/09/2022 ata 30/09/2022
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra. Pontevedra
Intramuros. Obradoiros de arquitectura para nenas e nenos

Catro sesións de obradoiros dirixidos a nenas e nenos de 6 a 12 anos para que coñezan o valor arquitectónico e urbanístico de Pontevedra con actividades entre o xogo e a plástica. Serán os días 27, 28, 29 e 30 de setembro de 17:00 a 19:00 horas .

Información

A inscrición está aberta no correo electrónico contacto@tallerabierto.info. Cada nena ou neno interesado poderá inscribirse nun obradoiro e quedar en lista de espera nos outros.  

Máis información