Axenda de actividades provinciais
Mostra Dende a Fenda
“Dende a fenda” é unha mostra colectiva que recolle algunhas prácticas artísticas con perspectiva de xénero desenvolvidas en Galicia nos últimos anos, na procura de ocupar os espazos públicos con olladas feministas dende a arte contemporánea. Poñemos o foco en discursos reivindicativos e subversivos, e analizamos experiencias e relatos de vida para visibilizar problemáticas sociais e denunciar violencias machistas nun mundo ancorado no sistema opresivo patriarcal, dende o individual máis tamén dende a colectividade.
Información
Do 24 de novembro de 2022 ao 15 de xaneiro de 2023
Salas Rosalía de Castro e Maruja Mallo - Sede da Deputación en Vigo
Comisariado: Paula Cabaleiro
Inauguración: xoves 24 de novembro, ás 19:00 horas
Vídeo en directo da inauguración
Performance inaugural: “Vísceras poéticas” de Constance Hurlé
Confirmación de asistencia en participa.cultura@depo.es