Axenda de actividades provinciais

Mostra sobre María do Carme Kruckenberg

Desde 2022-10-07 00:00:00.0 ata 2022-11-10 23:59:00.0
Sala Rosalía de Castro da sede da Deputación en Vigo
Mostra sobre María do Carme Kruckenberg

A exposición está comisariada pola docente e escritora Mercedes Queixas Zas, quen, alén doutros probados méritos, na competencia que aquí nos ocupa é unha das principais especialistas na homenaxeada, autora de Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de María do Carme Kruckenberg (Galaxia, 2011), así como editora literaria doutras obras da escritora. Ademais, por parte da Fundación Penzol, contará coa colaboración de dúas persoas do seu Padroado (Malós Cabrera e Xosé Manuel Soutullo), así como co persoal técnico da Casa Galega da Cultura, sede da Fundación Penzol, onde está depositada a doazón a favor desta institución que, en 2015, realizou a súa herdeira, Cristina Pusone Kruckenberg, dun importante fondo documental pertencente á escritora. Os seus elementos de maior relavancia tamén se presentarán na mostra.

Información

Do 7 de outubro ao 10 de novembro de 2022

Inauguración: venres 7 de outubro ás 17:30 horas

Sala Rosalía de Castro da sede da Deputación en Vigo

Confirmación de asistencia en participa.cultura@depo.es