Axenda de actividades provinciais

Mostra “Soledad Penalta. Materia Tatuada"

Desde 2022-04-05 00:00:00.0 ata 2022-05-22 23:59:00.0
Sala Maruja Mallo, Sede da Deputación en Vigo
Exposición Soledad Penalta

Soledad Penalta ten tras de si un longo camiño como escultora, que a levou a unha madurez sólida e patente. Recoñecida con premios como o da Cultura Galega, outorgado pola Xunta de Galicia, o Premio da Crítica ou o seu nomeamento como membro da Real Academia Galega de Belas Artes, a súa longa traxectoria centrouse durante anos en plasmar a través da escultura os seus sentimentos, alegrías, frustracións… mais tamén os seus encontros e desencontros cun mundo profesional en que ser muller non foi o seu mellor aval.

Nestas pezas incorpora a escritura, con caligrafías e textos que realiza mediante plasma dotando as súas obras de palabras, de pensamentos, de referencias á linguaxe e a comunicación do coñecemento da humanidade. Soledad “tatúa” a pel das súas obras, das súas pezas, cuxa superficie lima “para sacarlle brillo e formar irisacións que reflictan a luz, facéndoa máis cálida e volumétrica. Escribo nas pezas os meus pensamentos, ás veces poesías e outras veces reflicto algo que me gusta doutra persoa.”

Información

INAUGURACIÓN

  • Martes 5 de abril ás 19.00h
  • Coa actuación en vivo de Sara Casas cantautora viguesa (voz e guitarra)
  • Confirmación de asistencia en participa.cultura@depo.es​​​​​​​

Máis información