Axenda de actividades provinciais
Olladas musicais: audicións comentadas
Desde
15/01/2025
ata
26/02/2025
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
![Olladas musicais](/documents/37861/6284156/olladas_musicais_museo.jpg)
A segunda edición deste curso ten como obxectivo principal promover o aprecio e a comprensión da música clásica entre a cidadanía. A través de charlas interactivas e audicións comentadas, achegaráselle este xénero musical a un público adulto, ao proporcionar un espazo de encontro cultural no que quen participe poida explorar, aprender e gozar de obras clásicas emblemáticas.
Información
O acceso é libre. Ademais, entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.gal e asistan como mínimo ao 70% das sesións