Axenda de actividades provinciais

Pontevedra en America. Unha mirada en feminino

Desde 2022-06-29 00:00:00.0 ata 2022-07-26 23:59:00.0
Praza da Igrexa de Vila de Cruces
Pontevedra en America. Unha mirada en feminino

Este proxecto foi desenvolvido pola Cátedra Iberoamericana da Universidade de Santiago de Compostela ao abeiro do Convenio asinado entre a Deputación Provincial de Pontevedra e a Universidade de Santiago de Compostela. Pontevedra marca para as trece mulleres aquí representadas unha parte importante da súa experiencia vital, asemade intimamente inserida nas súas vivencias en terras americanas, en países como Brasil, Cuba ou Arxentina.

O tempo transcorrido en Pontevedra e o vivido en América, se ben distintos en época, duración, circunstancias persoais…, constitúe o principal nexo de unión entre as mulleres desta escolma. Para unhas América constitúe o seu lugar de nacemento, que moi axiña se compatibiliza co “universo” incorporado na emigración familiar aos países de destino (A. Miranda, N. Piñón, L. Lores, T. Táboas), outras manterán igualmente unha intensa e prolongada vivencia naqueles países (I. Barreto; M. Arauxo, J. Sabor, I. Gómez, V. Pereira) sendo noutros casos a estadía máis curta, (M. Vinyals, E. Colmeiro, M. Villaverde, M. Ruibal) e non porén menos intensa.

Información

Inauguración da exposición o mércores 29 de xuño, ás 19:30 h, na praza da Igrexa de Vila de Cruces
Pilar Sampedro impartirá unha conferencia en homenaxe a Anisia Miranda Fernández no salón de plenos do concello

Exposición do 29 de xuño ao 26 de xullo

Máis información