Axenda de actividades provinciais
ROMPE E XOGA EN IGUALDADE - VIGO
Desde
03/07/2022
ata
03/07/2022
IES República Oriental de Uruguai. Vigo

Con esta proposta queremos reivindicar a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista.
Información
Trátase dunha exposición de poesía visual na que o obxecto fala por si mesmo precisando apenas un texto explicativo. As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así como na transmisión de valores.