agenda

Exposición “GalizAmérica. Edición e lingua na emigración”

Exposición GalizAmérica. Edición e lingua na emigración - O Grove
Desde 13 set 2018 ata 27 set 2018
Sala das Cunchas do Concello. O Grove
A Guerra Civil do 36, coa consecuente derrota da República, levou a milleiros de galegos e galegas ao exilio. Este exilio tivo a nivel cultural unha gran relevancia pois, moitos dos mellores intelectuais do país refuxiaranse fundamentalmente nos países máis democráticos de América nese momento, en especial en México e Uruguai. Pouco despois, será Arxentina o destino principal dos exiliados, país que xa contaba con diversos centros galegos concentrados no seu capital, Buenos Aires.

Esta concentración de intelectuais, entre os que se atopaban Lugrís, Freire, Castelao, Seoane, Colmeiro, etc., xera unha actividade cultural intensa en diferentes campos creativos con especial incidente na edición. Editáronse centos de libros e diversas revistas, creáronse programas de radio, impartíronse conferencias, iniciáronse celebracións de días singulares, como o día de Patria, abríronse escolas onde nenos e nenas aprenden galego…. Todo ese florecemento cultural é o tema ao redor do que xira a exposición GalizAmerica.
Información
  • Inauguración: xoves 13 de setembro, ás 20.00 h coa conferencia de Rosario Portela “Arredor do libro. Para unha historia da edición galega” na sala das Cunchas e na sala das Dornas do Concello
  • Horarios de visita: de luns a venres, de 9.00 a 14.00 h
  • Venres 14 de setembro, ás 20.00 h Proxección de "A Cicatriz Blanca" de Margarita Ledo Andión Sala das Cunchas do Concello do Grove