agenda

Exposición de pintura “Soños rotos…Novos soños”

Exposición de pintura de Alicia Sarmiento en Pontevedra
Desde 14 set 2018 ata 28 set 2018
Palacete das Mendoza. Praza de Santa Maria s/n. Pontevedra
Alicia Sarmiento iniciou en 1992 a súa andaina artística. Os seus cadros nos falan dela; da súa inquietude e paixón, dos camiños que quere percorrer e percorre, oscilando entre o desexo de voar con liberdade, con valentía, sen ataduras nin ao debuxo nin á Academia, e o respecto á realidade que ven os seus ollos, que queren transmitir e ensinarnos. O seu afán de liberdade está presente en moitos dos seus cadros, así como a súa curiosidade por utilizar todas as posibilidades, todas as técnicas: colaxes, veladuras, refregados, espátula...

“Soños rotos…novos soños” é unha exposición na que tenta transmitir as súas experiencias coas que lle gustaría pechar un capítulo da súa vida e abrir unha nova porta a un futuro no que lle agardan novos soños, ilusións, e unha nova musa que lle atrape e lle permita, a través dunha nova paleta de cores, ir debuxando nun gran lenzo as sensacións que a vida lle vaia ofrecendo.
Información
  • Horario: De luns a venres, de 8 a 20 h. Sábados, de 10 a 14 h e de 16 a 19 h. Domingos e festivos, de 10 a 14 h
  • Descarga díptico pdf