agenda

Exposición "Rompe. Xoga en igualdade"

Exposición Rompe. Xoga en Igualdade en Lalín
Desde 13 set 2018 ata 15 out 2018
Vestíbulo Casa do Concello. Lalín
Esta mostra reivindica a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista. Nesta exposición de poesía visual, o obxecto fala por si mesmo precisando apenas un texto explicativo.

As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así como na transmisión de valores.
Información
  • Horario de visita: de luns a venres de 9 a 15 h
  • Inauguración: xoves 13 de setembro ás 12:30 h
  • Máis información