Mobilidade

Informes sectoriais en materia de estradas provinciais

En relación coas previsións de coordinación co planeamento urbanístico recollidas no artigo 23 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, nos supostos de redacción, revisión ou modificación de instrumentos de plan que afecten as estradas existentes ou ás actuacións previstas nos plans de estradas vixentes, o concello remitirá, con posterioridade á súa aprobación inicial, o correspondente documento ás  administracións titulares das estradas afectadas para que o informen.

Deste xeito, segundo o previsto no artigo 7d) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, publícanse a continuación os informes sectoriais emitidos pola Deputación de Pontevedra nos supostos de redacción, revisión ou modificación de plans de ordenación municipal na rede viaria provincial.

Última modificación: luns, 20 xaneiro 2020