Infraestruturas e Vías Provinciais
A través do Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais contribúese a mellorar as vías de comunicación da provincia; ten como función a xestión da rede de estradas dependente da Deputación, a cal constitúe a rede provincial. Realízanse traballos de mantemento e conservación, mellora do trazado, novas estradas, concesión de licenzas, tramitación de expedientes sancionadores ou convenios de colaboración.
O labor de mantemento faise a través de oito brigadas que teñen como base catro parques comarcais: Gondomar, Ponteareas, Codeseda (A Estrada) e Lalín.
A rede de estradas provinciais consta de 1.600 km, cun desequilibrio, por exemplo, entre os concellos da Estrada, con 1.212,472 km, e A Guarda, con 1.018 km.
Edificio Administrativo
Avenida de Montero Ríos, s/n
36071 Pontevedra
Tel. +34 986 804 100
Fax +34 886 210 261
E-mail: mobilidade@depo.es
Última modificación: martes, 16 xuño 2020