Mulleres en accion violencia cero 2020-2021

 

"Mulleres en acción: Violencia zero" 2020-2021

EMERXENCIA CULTURAL, URXENCIA FEMINISTA!

NIN UN PASO ATRÁS NA LOITA CARA A IGUALDADE

Nestes tempos complexos, dunha incerteza e crise sen precedentes, a igualdade volve estar en serio risco de retroceder gravemente na nosa sociedade. A situación epidemiolóxica mundial que estamos a vivir neste 2020 está a levar a muller a unha posición de vulnerabilidade laboral e social que podemos tardar moitos anos en recuperar. A COVID-19 evidenciou a precariedade laboral das mulleres, a inexistencia dunha corresponsabilidade real e o papel desigual de sostén no eido dos coidados, alén do escenario dramático que viviron moitas mulleres nun confinamento compartido cos seus maltratadores.

As mulleres da cultura tamén están a sufrir dun xeito moi directo a crise actual, e o seu ámbito profesional foi un dos máis golpeados. Por todo iso, a VI Edición do programa "Mulleres en acción: Violencia zero" preséntase como máis urxente e necesaria se cabe, supón un apoio real ás creadoras e aposta pola sensibilización nun momento no que non se pode tolerar un paso atrás na loita en prol da igualdade.

Tras máis de 100 accións artísticas por toda a provincia, un ano máis, a performance protagonizará os actos inaugurais en Pontevedra (25 de novembro, con Janet Novás) e Vigo (26 de novembro, con Mónica Aranegui), mais tamén as accións do mes de marzo, que contarán con Analía Beltrán i Janés e o grupo Twins Experiment. A intervención mural ampliará o formato da man de Milu Correch e Btoy. A danza contemporánea sorprenderanos con Yara Juncal, Clara Ferrão Diz, Rut Balbís e Xiana Vilas, mentres que na acción escénica contaremos con Esther Carrodeguas, Stephy Llaryora, Arantxa Treus, Paula Sanmartín, Laura Villaverde, Sue Moreno e Carmen Méndez. As mulleres da música non podían faltar: Nastasia Zürcher, Najla Shami, Xoana, Macarena Montesinos, High Paw e María Villanueva. E dúas poetas, Miriam Ferradáns e Xiana Arias, súmanse a este elenco de artistas que loitan pola igualdade.

Esta "nova normalidade" tamén representa unha oportunidade para que o programa incorpore novos soportes na acción transversal en prol da igualdade: tres artistas plásticas que deseñan máscaras, con creatividades feministas. Elas son Lara Lars, Gemma Marqués e Laura Romero.

A situación actual supón un importante reto: pode que perdamos un contacto directo co público nas accións, mais seguiremos apostando por un impacto emocional; deixamos de ter unha participación colectiva na arte mural, pero intervimos artisticamente elementos de protección como as máscaras; adaptamos os eventos aos protocolos de seguridade, pero integramos a situación actual na mensaxe das obras.

Sigamos facendo cultura, sigamos reivindicando a igualdade. Hoxe, máis que nunca.

 

PROGRAMACIÓN 2020-2021

MES CONCELLO ARTISTA ACCIÓN
NOVEMBRO 2020 PONTEVEDRA JANET NOVÁS PERFORMANCE INAUGURAL
VIGO MÓNICA ARANEGUI PERFORMANCE INAUGURAL
DECEMBRO 2020 A ESTRADA MIRIAM FERRADÁNS POESÍA
CANGAS HIGH PAW MUSICA
XANEIRO 2021 MOS PAULA SANMARTÍN ACCIÓN ESCÉNICA
CUNTIS MARÍA VILLANUEVA MÚSICA
FEBREIRO 2021 AS NEVES CARMEN MÉNDEZ ACCIÓN ESCÉNICA
ARBO XIANA ARIAS POESIA
MARZO 2021 NIGRAN ANALÍA BELTRÁN PERFORMANCE
PONTEAREAS TWINS EXPERIMENTAL PERFORMANCE
ABRIL 2021 REDONDELA LAURA VILLAVERDE ACCIÓN ESCENICA
SILLEDA ARANTXA TREUS ACCIÓN ESCENICA
MAIO 2021 CALDAS DE REIS BTOY (ANDREA MICHAELSSON) MURAL
LALÍN YARA JUNCAL (BOMBOX) DANZA
XUÑO 2021 BUEU MILU CORRECH MURAL
TOMIÑO ESTHER CARRODEGÚAS ACCIÓN ESCÉNICA
XULLO 2021 POIO NASTASIA ZÜRCHER MUSICA
MARÍN SUE MORENO ACCION ESCÉNICA
AGOSTO 2021 A ILLA DE AROUSA XOANA MÚSICA
BAIONA NAJLA SHAMI MÚSICA
SETEMBRO 2021 SALVATERRA DE MIÑO XIANA VILAS DANZA
VILAGARCÍA MACARENA MONTESINOS MÚSICA
OUTUBRO 2021 GONDOMAR RUTH BALVÍS DANZA
SOUTOMAIOR STEPHY LLARYORA ACCIÓN ESCENICA
NOVEMBRO 2021 VILABOA CLARA FERRAO DIZ DANZA

 

Mulleres en acción. Violencia zero 2020-2021

1 - 1 de 1 albumes existentes

  • 19-11-2020 Presentación en Pontevedra
    19-11-2020 Presentación en Pontevedra