Imaxe representativa do tema Formación e Emprego

Plan de estabilización de emprego temporal

Convocatorias pertencentes ao plan de estabilización de emprego temporal da Deputación para cubrir as necesidades de carácter estrutural e permanente.

Convocatoria do 31 outubro de 2019

Convocatoria de varios procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2017, 2018 e 2019 (CE 2019 O)

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto, e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG)

As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado "217424 Procedementos de selección para o acceso ao emprego público", dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra

  • Bases (BOPPO 31/10/2019)
  • Unha praza de técnica ou técnico de Administración xeral, quenda libre
  • Unha praza de técnica ou técnico de Xestión tributaria, quenda libre
  • Unha praza de técnica ou técnico de Educación, quenda libre
  • Doce prazas de técnica ou técnico auxiliar en Educación diúrna, quenda libre
  • Tres prazas de técnica ou técnico auxiliar en Educación nocturna, quenda libre
  • Un posto de traballo de técnica ou técnico de Turismo, quenda libre
  • Catro postos de traballo de administrativa ou administrativo de Xestión tributaria, quenda libre
  • Un posto de traballo de subalterna ou subalterno de oficios varios, quenda libre. Reservado a persoas con discapacidade

Convocatoria de 22 de outubro de 2019

Convocatoria de varios procesos pertencentes ao plan de estabilización de emprego temporal da Deputación para cubrir as necesidades de carácter estrutural e permanente nos distintos centros e servizos (CE 2019 S)

O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), mediante extracto, e previa publicación do texto íntegro das bases e a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e o extracto no Diario Oficial de Galicia (DOG)

As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado "217424 Procedementos de selección para o acceso ao emprego público", dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra

Última modificación: martes, 12 novembro 2019