Servizo de Estación Fitopatológica Areeiro da Deputación de Pontevedra

Estación Fitopatolóxica Areeiro

A súa creación responde a un afán do organismo provincial por cubrir o gran baleiro existente en materia de asesoramento directo ós agricultores no relativo á sanidade dos seus cultivos. Trátase así de que na provincia exista un centro especializado no estudo e diagnóstico dos patóxenos e pragas máis frecuentes nas plantas, e de que desde este centro se lles poida proporcionar información ós agricultores sobre as medidas que deben tomar ante a súa presenza. Este asesoramento incrementouse coa aparición, en anos sucesivos, das seccións de Edafoloxía e de Cultivos Agrícolas e Ornamentais.

Na actualidade conta con catro seccións: Fitopatoloxía, Edafoloxía, Fruticultura e Ornamentais e Bioloxía Molecular. O seu outro obxectivo é a investigación de carácter práctico relacionada co ámbito agrícola e forestal.

Desde o 16 de abril de 2007 a Estación Fitopatolóxica Areeiro é Unidade Asociada á Misión Biolóxica de Galicia,do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Esta unión permitiu xuntar os esforzos destes dous importantes centros de investigación agroforestal radicados na provincia.

 

Estación Fitopatolóxica Areeiro
Subida á Carballeira, s/n
36153  Pontevedra
Tel. +34 986 804 100
Fax +34 986 864 291
E-mail: efa@depo.es

Última modificación: martes, 04 setembro 2018