Servizo de Finca Mouriscade da Deputación de Pontevedra

Finca Mouriscade

En 1973 a Deputación de Pontevedra realiza un estudo sobre a calidade dos animais das explotacións gandeiras da provincia. Corrobora que estas carecían de animais de alta calidade e márcase como obxectivo mellorala para aumentar a produción de leite.

Para iso adquire a Finca Mouriscade, situada na parroquia de Vilanova, no concello de Lalín, cunha superficie aproximada de 40 hectáreas, e comeza a importar vacas frisoas doutros países europeos para poder recrialas e introducilas na provincia.

Unha vez cumprido ese obxectivo, en 1990 a Deputación aposta pola creación do laboratorio da Finca Mouriscade para dar resposta a outras moitas necesidades do sector gandeiro na provincia e desenvolver novas tarefas:

  • Análises de augas
  • Identificación de xerme e antibiograma en mostras de leite
  • Análises de forraxes, pensos e materias primas
  

Todos estes servizos tiveron unha grande acollida no sector e estendéronse non só en Galicia senón en toda España e en Portugal, onde hai unha gran demanda.

Nos últimos anos a institución provincial, para mellorar a cualificación xenética das explotacións da provincia, ofrece o servizo de transferencia embrionaria, que gaña en número de usuarios e importancia.

A Finca Mouriscade desenvolve ademais proxectos de colaboración tanto con entidades públicas coma privadas.

 

 

Laboratorio Mouriscade
Vilanova, s/n
36515  Lalín
Tel. +34 986 804 100
Fax +34 986 784 781
E-mail: administracion.mouriscade@depo.es

Última modificación: martes, 04 setembro 2018