Gabinete de Prensa

Gabinete de Prensa

O Gabinete de Prensa da Deputación de Pontevedra encárgase de planificar, coordinar e desenvolver accións de comunicación que lles acheguen a actividade desta institución ós cidadáns, conscientes de que unha Administración aberta e transparente debe garantir a fluidez da comunicación coa sociedade.

Este servizo actúa fundamentalmente en catro eidos:

  • Trasladándolle á cidadanía –a través dos medios de comunicación ou redes sociais– a actividade da institución
  • Atendendo as demandas de información dos xornalistas
  • Exercendo o labor de asesoramento dos diferentes servizos e persoas que forman parte da institución na súa relación cos medios de comunicación
  • Facilitando a retroalimentación entre a sociedade e a institución
  

 

Pazo provincial
Avenida de Montero Ríos, s/n
36071  Pontevedra
Tel. +34 986 804 100
Fax +34 986 804 124
E-mail: prensa@depo.es

 

Última modificación: martes, 04 setembro 2018