Servizos Lingüísticos
Servizo especializado no que, de maneira transversal, se vela pola corrección das comunicacións escritas e pola unidade de criterios nos usos lingüísticos da Deputación. Entre as súas funcións principais están:
- Atender e resolver as consultas lingüísticas do persoal.
- Xestionar e supervisar as tarefas de revisión, corrección e asesoramento lingüístico das producións editoriais –proceso da edición do libro- así como os textos e documentos dos servizos, as normas articuladas, o material gráfico e os textos da web.
- Xestionar as traducións a outras linguas –español, inglés e francés- e doutras linguas ó galego ou español.
- Elaborar e difundir criterios lingüísticos e modelos de documentos.
- Promover accións formativas en lingua galega e difundir ferramentas e recursos elaborados por outros organismos que traballan para fomentala, coma a Escola de Administración Pública, a Real Academia ou o Instituto da Lingua.
- Elaborar e ordenar o plan de usos lingüísticos.
Desde este servizo traballamos áreas para conseguir, por unha parte, a corrección lingüística na documentación administrativa, nos libros da editorial provincial e demais comunicacións específicas.
Edificio Administrativo
Avenida de Montero Ríos, s/n
36071 Pontevedra
Tel. +34 986 804 100
Fax +34 986 844 363
E-mail: gabinetelinguistico@depo.es
Última modificación: martes, 04 setembro 2018